
· Principal
· Que é Foresgal?
· Foresgal 2007
· Foresgal 2008
· Reserva on-line
· Suxerencias
· Descargas
· Ligazóns
· Como chegar
· Español
|
Foresgal
······································································································
Dada a manifesta importancia do sector, Foresgal nace como a feira forestal de Galicia, resaltando a importancia dun sector no que o noso país é punteiro en producción, investigación, conservación e comercialización.
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle de novo un evento esencial para a provincia de Lugo, que conta coa maior extensión de monte arborado de Galicia, o 33 % do monte arborado galego. Unha feira que amosa as principais novidades dentro dos sectores forestal, medioambiental e madereiro de Galicia.
Galicia caracterízase polo elevado peso relativo da súa superficie forestal, xa que supón máis do 70% da súa superficie, e representa o 9,5 % da superficie forestal arborada.
O valor económico do sector forestal ascendeu en 2001 a 169,80 millóns de euros, dos que 98,59 millóns corresponden ó sector productivo, 55,80 millóns de euros ó aspecto ambiental, e 15,41 millóns de euros ó aspecto recreativo.
Se consideramos que o sector forestal está formado polas actividades de silvicultura, explotación forestal e actividades dos servizos relacionados con elas (industrias da madeira e da cortiza, cestería e espartería, así como a industria do papel) este xera o 2,5% do VEB galego en 2002, e acolle o 2,6% dos postos de traballo totais (2,9% do emprego asalariado) nese mesmo ano.
Foresgal está organizado polo Servizo de Montes e Industrias Forestais de Lugo da Consellería do Medio Rural e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.
|
|