· Principal
· Que é Foresgal?
· Foresgal 2007
· Foresgal 2008

· Reserva on-line
· Suxerencias

· Descargas
· Ligazóns
· Como chegar


· Español

Foresgal '07: achégate ao monte
································································································
imaxes | vídeo | dosier de prensa | resumo foresgal '07 | expositores

Datas de celebración: 23 ao 25 de marzo de 2007
Emprazamento: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Dende a organización de Foresgal 2007, feira do sector forestal de Galicia, valórase moi positivamente tanto no que se refire a éxito de asitencia de público e expositores coma o éxito relativo ás xornadas técnicas e ás diversas demostracións, tanto no monte Lamabranca coma na propia feira.

Estímase, dende a organización de Foresgal unha afluencia de público cercana aos 10.000 visitantes. Destaca entre eles, a presencia constante de especialistas do sector forestal (profesionais, estudantes, empresas de servizos complementarias ou protagonistas no sector). Dita afluencia, tivo tamén reflexo nas xornadas técnicas desenvolvidas ao longo dos tres días da feira (cunha media de 150 asistentes, un número certamente elevado tendo en conta o carácter especializado das mesmas).

Tamén destacou a calidade das empresas, institucións e asociacións expositoras en Foresgal. Os preto de 70 expositores cubriron completamente o abano de áreas protagonistas de foresgal (maquinaria, viveiros, industria da madeira, xestión e certificación forestal, I+D+i, etnografía e historia, etc.) Neste senso, no acto de clausura presidido pola Directora Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Ana María Rúa Souto, outorgouse o premio ao mellor stand de Foresgal á empresa Portucel Soporcel, empresa portuguesa líder mundial na producción de papel de oficina.

Foresgal ten continuidade neste ano 2008 do 28 ao 30 de marzo cunha nova edición que terá por obxectivo consolidar o éxito desta primeira. logo desta segunda edición, Foresgal, coma feira especializada será bianual, alternando a súa celebración con Asturforesta.

Neste senso, a maioría dos expositores manifestaron ao longo do certame o seu interese por participar na vindeira edición de Foresgal.

En definitiva, Foresgal 2007 cumpriu o seu obxectivo inicial: achegar o monte á sociedade lucense e galega. Cómo se traballa no monte, qué empresas e institucións velán pola súa xestión, ordeación e conservación, e a riqueza, moitas veces descoñecida, do monte galego.