Foresgal '08: II feira forestal internacional

· Principal
· Que é Foresgal?
· Foresgal 2007
· Foresgal 2008

· Reserva on-line
· Suxerencias

· Descargas
· Ligazóns
· Como chegar


· Español

Foresgal '08
·····································································
Dende a organización de Foresgal 2008, Feira Forestal Internacional, valórase moi positivamente a celebración dunha segunda edición que sin dúbidas supón a consolidación da feira forestal de referencia en Galicia.

Éxito tanto no que se refire a asitencia de público e expositores coma o relativo ao I Congreso Foresgal, que contou cunha participación media de 150 persoas; e éxito nas diversas demostracións de maquinaria forestal, tanto no monte Ludrio Viladonga coma na propia feira.

Estímase, dende a organización de Foresgal unha afluencia de público cifrada ás 19:45 horas en 15.973 visitantes. Destaca, como na pasada edición, a presencia constante de especialistas do sector forestal (profesionais, estudantes, empresas de servizos complementarias ou protagonistas no sector).

Dita afluencia, tivo tamén reflexo no I Congreso Foresgal. Protagonizado polos mellores especialistas galegos e algúns dos mellores do panorama nacional e internacional, contou coa afluencia de máis de 150 asistentes de media, dos cales 25 foron estudantes universitarios. O Congreso foi complementado con visitas a fábricas para observar in situ o funcionamento real das mesmas.

Tamén destacou a calidade das empresas, institucións e asociacións expositoras en Foresgal. Os preto de 98 expositores cubriron completamente o abano de áreas protagonistas de Foresgal (maquinaria, viveiros, madeira, xestión forestal e medioambiental, certificación, I+D+i, etnografía e xogos tradicionais, etc.)

Neste senso, no acto de clausura presidido polo Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Anxo Calvo, outorgouse o premio ao mellor stand de Foresgal á CIS Madeira, por usaren na súa orixinal confección madeira galega e por inspirarse, no seu deseño, en arquitecturas tradicionais galegas.

O acto de clausura complementouse coa participación de Eduardo Jiménez, Presidente executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo; de Antón Bao, Vicepresidente Primeiro da Deputación Provincial de Lugo; e de Emilio López Pérez, Delegado da Consellería do Medio Rural.

En definitiva, Foresgal 2008 cumpriu o seu obxectivo inicial: achegar o monte á sociedade lucense e galega. Cómo se traballa no monte, qué empresas e institucións velán pola súa xestión, ordeación e conservación, e a riqueza, moitas veces descoñecida, do monte galego. En poucas verbas, o que recolle o lema desta edición: “O noso monte, fonte de riqueza”.

· Descargar listado expositores Foresgal 2008

· PROGRAMA DE ACTIVIDADES
· CONGRESO FORESGAL
· E-mail



FORESGAL 2010
······································
Xa se está a traballar na vindeira edición de Foresgal que terá continuidade segura no tempo dado o seu éxito e a súa consolidación no calendario galego de feiras. En vindeiras semanas, será anunciada a data definitiva da súa celebración. Neste senso, durante a celebración de Foresgal tivo lugar unha reunión entre os organizadores da mesma e os responsables de Asturforesta, a feira forestal de Tineo referencia en España do sector, co obxectivo de colaborar e confeccionar un calendario no que ambas feiras coexistan e colaboren. A reunión resultou un éxito rotundo que permite traballar para a seguinte edición con novos ánimos e apoios.

 

 

 

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Avenida dos Deportes s/n | Lugo | Galicia | E-27004
TEL (0034) 982 285 200 | TEL (0034) 982 285 205